Cantería artesanal Villar Leal empezou a súa andadura no ano 2004, coa intención de cubrir un oco no mundo da cantería artesanal (Moeche foi terra de canteiros pero na actualidade non quedaba ninguén nesta profesión).
Comezamos elaborando a pedra da zona, denominada “toelo” (ou tamén “serpentina”), pero co paso do tempo fomos incorporando novos materiais, como mármores e granitos.
Na actualidade podemos ofrecer un amplo abanico de productos, como poden ser chimeneas, fontes, lareiras, solos, cocinas, nichos, escaleiras, fornos, balaustradas, fachadas, esculturas... en definitiva, servir ó cliente dun xeito personalizado aportando ideas e deseños para cada caso, tratando de satisfacer as necesidades de forma individual.

Aparición do taller no programa de televisión "Grandes Lugares" (TVG) - 21/02/2018

2017 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos